Ruta Norte de Ons

Arquipélago

Distancia: 8,1 km.
Duración: 3h (ruta circular)
Desnivel: 100 m
É a ruta máis longa e percorre toda a parte norte da illa, primeiro pola suave pendente leste con vistas á ría ata a praia de Melide, para logo ir ascendendo pouco a pouco cara o oeste, onde o océano Atlántico domina a paisaxe. Nos rochedos afastados é fácil observar os corvos mariños cristados secando a súa plumaxe ó sol.