Distancia: 4 km
Duración: 1h 30min (ruta circular)
Desnivel: 120m
A ruta máis frecuentada. Ascende suavemente pola parte interior da illa ata o faro de Ons (non visitable). Dende o mais alto da illa este emblemático faro domina a paisaxe sobre a illa e as rías. Regresaremos pola zona oeste da illa ata chegar á enseada de Caniveliñas que nos asoma á dureza do mar aberto. Dende aquí volveremos ó punto de inicio.