Distancia: 1,1 km.
Duración: 40 min (ruta circular)
Desnivel: 33 m
É a ruta máis sinxela e curta. Dende a praia das Dornas parte un pequeno carreiro que discorre pola costa oriental ata o miradoiro do Castelo. De aí, regresamos por un camiño interior ata o barrio de Curro e peirao. A dorna é unha embarcación tradicional outrora moi frecuente en Ons. O Castelo son as ruínas dunha antiga fortificación defensiva do s.XIX.