ruta da aldea de Sálvora

2. Ruta da Aldea
Distancia dende o peirao á aldea: 1,7 km
Duración (só ida): 40 minutos
Dificultade: baixa
Polo camiño á antiga aldea de Sálvora só poderemos ir se nos acompañan guías autorizados. 
Neste percorrido pasarás pola fonte da telleira, á que lle da nome unha antiga fábrica de tellas da que só quedan as ruínas.
Antes de chegar a aldea observa o gran lavadoiro de pedra, onde as mulleres da aldea lavaban a roupa. E xa na aldea, fíxate na curiosa disposición das casas rodeando un espazo central común  e cos hórreos tras delas.