Ruta curta - Opción B // Ruta autoguiada "A menciña do mar"

Distancia: 2,1 km.

Duración: 45 min.

Facendo esta ruta descubrirás como a Illa de Cortegada coida do teu benestar. Cada unha das cinco paradas (indicadas con postes numerados) irache revelando segredos beneficiosos para a saúde: plantas medicinais, sales revitalizantes, consellos de prevención...