Son actividades xestionadas e executadas por empresas ou asociacións dos Concellos situados no entorno das illas e encádranse dentro das subvencións anuais do Ministerio de Medio Ambiente, e xestionadas polos gobernos autonómicos, aos concellos da área de influencia socioeconómica dos 16 Parques Nacionais, co obxectivo de compensalos dos posibles efectos negativos que poidera ter a regulación dos usos permitidos.
Hai numerosas actividades e actuacións que se están ou se levaron a cabo xa, pero agora mesmo podes participar ou apuntarte en 3 actividades que realizan tres entidades distintas:
- XORNADAS FORMATIVAS E DIVULGATIVAS na ILLA DE CORTEGADA . Organiza: Arousa Colibrí. Máis info: arousacolibri [at] gmail.com (arousacolibri[at]gmail[dot]com)
- VISITA GUIADA A CORTEGADA para TRABALLADORES DO SECTOR SERVIZOS. Organiza: Alvamar-escola naútica. Máis info en www.visitacortegada.com.
- EXPOSICIÓN "MAMÍFEROS MARIÑOS E TARTARUGAS MÁIS ALÁ DAS ILLAS" Realizada pola Coordinadora de Estudios de Mamíferos Mariños (CEMMA). Dende o 16 de outubre pódese visitar no Centro de Visitantes do Parque Nacional (rúa Palma 4, Vigo).
Agardamos que vos resulte de interese.
Saúdos