RUTAS EN SEMANA SANTA EN CÍES E ONS

Ola,

A Semana Santa xa está ás portas e as rutas guiadas diarias por Cíes e Ons tamén. Dende o 1 ata o 9 de abril tes a oportunidade de apuntarte a algunha das nosas rutas. Tes dous xeitos de facelo:

  1. Apuntarse persoalmente nas casetas de información nas illas Cíes e Ons, no mesmo día de realización da ruta, ata cubrir as prazas (aproximadamente 500 prazas dispoñibles de forma presencial)
  2. Reservando a praza previamente a través da central de reservas, nas que se ofertan 60 prazas: https://www.reservasparquesnacionales.es/real/ParquesNac/usu/html/listado-actividades-oapn.aspx?ii=4GAL&cen=20

As prazas das rutas ofertadas en Cíes e Ons a través da central de reservas durante a Semana Santa son:

  • RUTAS para NENOS e NENAS: Illas a vista de paxaro, o luns 3 en Ons e o martes 4 en Cíes. 20 prazas/día na central de reservas. As aves irán presentando as paisaxes onde viven os animais e plantas da illa. Recomendado para menores de entre 6 e 12 anos. Duración aproximada 2h.

  • Ons: unha illa de 2 caras os días do 2 ao 9 de abril ás 12h. 5 prazas/día para a central e o resto presenciais. Ruta guiada que percorre a illa de Ons pola súa parte central pasando polas inmediacións do faro e recorrendo todas as súas paisaxes : barrios aínda habitados, praias, cantís… Lonxitude da ruta: 4km (2h aprox) Ruta circular. Para público adulto (maiores de 12 anos)

  • Cíes: illa de paisaxes, os días 1,2 e 8,9 ás 16:15. 5 prazas/día para a central e o resto presenciais. Ruta que nos deixa descubrir os segredos das distintas paisaxes de Cíes, rematando no miradoiro da Alto do Príncipe Lonxitude da ruta (so ida):  1,7 (1h15min aprox). Para público adulto (maiores de 12 anos)

Outras rutas que se farán en Semana Santa (e que podes apuntarte nas casetas de información) son: “Cíes: unha viaxe no tempo” ou “Ons: un pobo no mar” que trata aspectos máis histórico-etnográficos. Tamén ofreceranse outras máis curtas e específicas como “Entre mareas” ou “O segredo da praia de Rodas” “Silencio! píase” ou “Por que as augas están tan frías?” que amplían o coñecemento dalgúns valores naturais especialmente relevantes como a zona intermareal ou o complexo lago-duna de Rodas.

Como durante a Semana Santa as navieras ofrecen viaxes regulares o Parque non organiza o transporte e así cada participante debe xestionar o seu billete (e previamente a autorización da Xunta para visitar as illas), podendo así cada quen escoller porto de orixe, horarios...

Debes tramitar a autorización en: https://autorizacionillasatlanticas.xunta.gal/illasr/inicio?lang=es

Na nosa web do parque podes preparar a visita a Cíes ou Ons, consultar as navieras, cámping, etc: https://illasatlanticas.gal/gl/visita-o-parque.

Vémonos nas illas.

Ata pronto.

--------------------------------------------------------------------------------------------------

Hola:

La Semana Santa ya está a las puertas y las rutas guiadas diarias por Cíes y Ons también. Desde el 1 hasta el 9 de abril tienes la oportunidad de apuntarte a alguna de nuestras rutas. Tienes dos formas de hacerlo:

  1. Apuntarse personalmente en las casetas de información en las islas Cíes y Ons, el mismo día de realización de la ruta, hasta cubrir las plazas (aproximadamente 500 plazas disponibles de forma presencial)

  2. Reservando la plaza previamente a través de la central de reservas, en las que se ofrecen 60 plazas: https://www.reservasparquesnacionales.es/real/ParquesNac/usu/html/listado-actividades-oapn.aspx?ii=4GAL&cen=20

Las prazas de las rutas ofertadas en Cíes y Ons a través de la central de reservas durante la Semana Santa son:

  • RUTAS para NIÑOS y NIÑAS: Islas a vista de pájaro,  lunes 3 en Ons y martes 4 en Cíes. 20 plazas/día en central de reservas. Las aves irán presentando los paisajes donde viven los animales y plantas de la isla. Recomendado para menores de entre 6 y 12 años. Duración aproximada 2h.

  • Ons: una isla de 2 caras los días del 2 al 9 de abril a las 12h. 5 plazas/día en la central y el resto presenciales. Ruta guiada que recorre la isla de Ons por su parte central pasando por las inmediacións do faro e percorrendo todos sus paisajes : barrios aún habitados, playas, acantilados… Longitud de la ruta: 4km (2h aprox) Ruta circular. Para público adulto (mayores de 12 años)

  • Cíes: isla de paisajes, los días 1,2 y 8,9 de abril a las 16:15. 5 plazas/día para la central y el resto presenciales. Ruta que nos deja descubrir los secretos de los distintos paisajes de Cíes, terminando en el mirador del Alto do Príncipe. Longitud de la ruta (solo ida): 1,7 (1h15min aprox). Para público adulto (mayores de 12 años)

Otras rutas que se harán en Semana Santa (y que puedes apuntarte en las casetas de información) son: “Cíes: un viaje en el tiempo” o “Ons: un pueblo en el mar” que trata aspectos más histórico-etnográficos. También se ofrecerán otras más cortas y específicas como “Entre mareas” o “El secreto de la playa de Rodas” “Silencio! se pía” o “Por que las augas están tan frías?” que amplían el conocimiento de algunos valores naturales especialmente relevantes como la zona intermareal, las aves marinas o el complejo lago-duna de Rodas.

Como durante la Semana Santa las navieras ofrecen viajes regulares, el Parque no organiza el transporte y así cada participante debe gestionar su billete (y previamente la autorización de la Xunta para visitar las islas), pudiendo así cada cual escoger puerto de origen, horarios...

Debes tramitar la autorización de visita en: https://autorizacionillasatlanticas.xunta.gal/illasr/inicio?lang=es

En nuestra web del parque puedes preparar la visita a Cíes ou Ons, consultar las navieras, camping, etc: https://illasatlanticas.gal/gl/visita-o-parque.

 

Espero que sea de tu interés

Hasta pronto.