Fonte da Telleira

Tipo

Un dos mananciais da illa, rodeado por árbores que medran en zonas húmidas como as marxes dos ríos. Na súa contorna, aproveitando esta abundancia de auga, instalouse unha pequena fábrica onde se forneaban as tellas para as casas da aldea. Chamada tamén fonte de Santa Catalina.