Distancia: caseta de información-Faro de Cíes 3,5 km.
Duración (SÓ IDA): 1 h 30 min. Ata Pedra da Campá: 1 h.
Desnivel: 175 m.
É a ruta con maior contraste de paisaxes, dende o areal de Rodas e o Lago, ata os cantís do miradoiro do faro de Cíes, coa amplitude do océano dun lado e a ría de Vigo ó outro. O desvío da Campana permite gozar dunha bonita panorámica do lago.