Ola,
Queremos comunicarte que está aberto o prazo para inscribirse no programa de rutas DESCUBRINDO AS ILLAS ATLÁNTICAS que os guías propios do Parque Nacional realizarán nos 4 arquipélagos dende febreiro a abril.
A temática das rutas é moi diversa; dende o carácter histórico e botánico da illa de Cortegada con “O segredo dun bosque no medio do mar”, pasando polas rochas de Sálvora coas súas “Esculturas e lendas” e os lugares pouco coñecidos de Ons coa ruta “A Illa e o mar” ata chegar a historia das Cíes a través dunha “Viaxe no tempo”. Son rutas deseñadas para público adulto (recomendables para maiores de 12 anos).
Estas rutas fanse con grupos reducidos e as persoas participantes só se poderán apuntar a unha delas.
Habilítase tamén unha listaxe de agarda, coa que cubrir posibles baixas.
A actividade guiada na Illa é de balde, pero cada persoa ten que asumir os gastos de transporte no barco contratado.
Podes informarte e solicitar praza nunha das rutas nas nosa oficina (Rúa Palma 3, Vigo - tlf 886218090) ou na web do Parque : www.illasatlanticas.gal
Adiantarvos que de cara a Semana Santa habilitaranse tamén prazas na mesma central de reservas para participar en rutas guiadas en Cíes e Ons. Dúas de estas rutas estarán especificamente deseñadas para familias con menores. Se lle dará publicidade en marzo.
Agardamos que vos resulte de interese.
Saúdos e ata pronto.