Ruta ao faro de Sálvora

1. Ruta do Faro
Distancia dende o peirao ó Faro: 1,2 km
Duración (só ida): 30 minutos
Dificultade: baixa

O camiño entre o peirao e o Faro percorre a zona sur da illa, entre grandes pedras graníticas chamadas bolos. Esta ruta está salpicada de lendas. Varios carteis informativos irán descubrindo por que hai unha serea na praia do Almacén, entre que rochas se agocha a Santa Compaña e a historia dun naufraxio ó pé do Faro. O edificio do Faro poderémolo admirar dende fóra do recinto. Regresaremos ó peirao polo mesmo camiño. Regresaremos ó peirao polo mesmo camiño.