Boas,
está Semana Santa o Parque Nacional das Illas Atlánticas ofrece arredor de 550 prazas nas rutas guiadas que realizaran os/as guías do Parque nos 4 arquipélagos: Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada.
Estas rutas teñen o obxectivo de que os visitantes do Parque coñezan de primeira man aqueles aspectos naturais e históricos que fixeron merecentes a estas illas de ser declaradas Parque Nacional.
No caso de Cíes e Ons ofreceranse tódolos días varias rutas guiadas con distintos horarios, percorridos e contidos, nas que se combinarán temas de fauna, flora, paisaxe, xeoloxía e historia. Os visitantes poderán anotarse nos puntos de información das illas ao chegar as mesmas ata esgotar as prazas. Esta rutas poden anularse por motivos meteorolóxicos ou organizativos.
Tamén teñen opción de reservar praza con antelación na ruta a un miradoiro que se realiza ás 12 h a través da Central de Reservas www.reservasparquesnacionales.es accedendo as actividades nas Illas Atlánticas. Esta opción está operativa para os días 13, 17, 18, 19 e 20 de abril ás 12h.
Tamén en Cíes e Ons ofrécese este ano unha actividade deseñada para menores titulada “Detectives na praia”. Trátase dunha actividade onde rapaces e rapazas de entre 5 e 12 anos descubrirán os rastros de animais e algas que o mar deixa sobre a praia das illas. Darannos pé a investigar sobre a vida desas especies mariñas que nos resultan difíciles de ver. Pódese reservar praza para esta actividade en Cíes o martes 15 de abril ás 16:15 e en Ons o domingo 20 ás 13:00h. Ten unha duración de 45 minutos.
No caso de Cortegada a ruta guiada terá un carácter histórico e botánico. Titúlase “O segredo dun bosque no medio do mar”, onde as árbores e as ruínas de edificios irannos desvelando os seus segredos. Farase o domingo 20 de abril pola mañá. Neste caso hai que reservar a praza previamente na central de reservas www.reservasparquesnacionales.es.
Na ruta guiada “Sálvora: esculturas e lendas” as rochas da paisaxe, do faro, da aldea e do pazo contarannos as súas historias e lendas. Farase o mércores 16 de abril pola mañá. Tamén hai que reservar a praza na central de reservas www.reservasparquesnacionales.es.
Hai que ter en conta que en Cíes e Ons, nestas datas de Semana Santa, as navieiras ofrecen transporte regular. Así, os participantes nas rutas deben comprar o seu billete do barco (pódese consultar as navieiras autorizadas no apartado de "visita as illas" da nosa web www.illasatlanticas.gal) e previamente comprobar a dispoñibilidade de cupo de visitantes e sacar a súa autorización de visita das illas en https://autorizacionillasatlanticas.xunta.gal/
En Cortegada e Sálvora non hai transporte regular polo que é o propio Parque quen xestiona o barco, pero o prezo do billete terano que pagar os participantes previamente á realización da ruta seguindo as indicacións que lle ofreza o Parque.