Bo día,
escribímosche por que xa podes apuntarte a dúas actividades formativas do Parque nacional:
-
Curso formación de guías na Rede de Parques Nacionais (PN Illas Atlánticas)
O CENEAM desenvolve un Programa de Formación Ambiental do Ministerio para a Transición Ecológica e o Reto Demográfico - Organismo Autónomo Parques Nacionales, que pretende cubrir as necesidades de formación especializada de persoas e colectivos.
Data fase on-line: Do 12 abril ao 12 xuño de 2024.
Data fase presencial: Está previsto a realización no último cuadrimestre do ano. Consultar aquí.
Duración: A fase en liña terá unha duración de 70 horas e desenvolverase mediante a plataforma de aprendizaxe Moodle. Ademais, constará, aproximadamente, de 30 horas presenciais prácticas, que se desenvolverán no Parque Nacional específico do que realizase a fase on-line.
Nº de prazas: 250 (máximo 25 prazas por Parque).
Data de inscrición: Do 19 de febreiro ás 08:00 h (a.m) ao 1 de marzo ás 08:00 h (a.m)
Destinatarios: Esta formación é especialmente útil para aqueles/as profesionais autónomos/as ou traballadores/as de empresas, que desenvolvan a súa actividade como guía de persoas e/o grupos nos diferentes Parques Nacionais.
-
Xornadas de ornitoloxía: Descubrindo as aves das illas atlánticas.