Rutas guiadas no Parque Nacional das Illas Atlánticas en Semana Santa 2026
-
Ofertaranse ao redor de 500 prazas para as rutas guiadas en Cíes, Ons, Cortegada
-
134 poderanse reservar previamente a través das Central de Reservas de Parques Nacionais
-
40 destas prazas son para rutas familiares nas illas de Cíes e Ons.
-
En Cíes e Ons tamén poderán apuntarse o chegar o punto de información das illas.
-
A ruta é de balde pero o billete á illa corre a cargo do usuario.
Esta Semana Santa o Parque Nacional das Illas Atlánticas ofrece arredor de 550 prazas nas rutas guiadas que realizaran os/as guías do Parque nos 4 arquipélagos: Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada.
Estas rutas teñen o obxectivo de que os visitantes do Parque coñezan de primeira man aqueles aspectos naturais e históricos que fixeron merecentes a estas illas de ser declaradas Parque Nacional.
No caso de Cíes e Ons ofreceranse tódolos días varias rutas guiadas con distintos horarios, percorridos e contidos, nas que se combinarán temas de fauna, flora, paisaxe, xeoloxía e historia. Os visitantes poderán anotarse nos puntos de información das illas ao chegar as mesmas ata esgotar as prazas.
Tamén teñen opción de reservar praza con antelación na ruta que se realiza ás 12:00 h a través da Central de Reservas www.reservasparquesnacionales.es accedendo as actividades nas Illas Atlánticas.
As rutas ás que poden reservar pola central son, no caso de Cíes: os días 28 e 29 de marzo e 2,3,4 e 5 de abril ás 12:00 h a ruta “unha illa de paisaxes” con remate nun miradoiro. O martes 31 de marzo ás 12:00h, en vez da ruta paisaxística a un miradoiro ofrecerase unha ruta histórica “Cíes no tempo”.
No caso de Ons son os días 28 e 29 de marzo e 2,3 e 5 de abril ás 12:00 h a ruta “Unha illa de 2 caras”. O 1 e o 4 de abril ás 12:00h, en vez da ruta paisaxística ofrecerase unha ruta histórica “Os primeiros poboadores”
Tamén en Cíes e Ons ofrécese unha actividade deseñada para menores titulada “Detectives na praia”. Trátase dunha actividade onde rapaces e rapazas de entre 5 e 12 anos descubrirán os rastros de animais e algas que o mar deixa sobre a praia das illas. Darannos pé a investigar sobre a vida desas especies mariñas que nos resultan difíciles de ver. Pódese reservar praza para esta actividade en Cíes o domingo 29 de marzo ás 16:15 e en Ons o domingo 5 de abril ás 13:00h. Ten unha duración duns 50 minutos.
No caso de Cortegada a ruta guiada terá un carácter histórico e botánico. Titúlase “O segredo dun bosque no medio do mar”, onde as árbores e as ruínas de edificios irannos desvelando os seus segredos. Farase o xoves 2 e o domingo 5 de abril pola mañá. Neste caso so se pode participar reservando a praza previamente na central de reservas www.reservasparquesnacionales.es.
Esta rutas poden anularse por motivos meteorolóxicos ou organizativos.
Hai que ter en conta que en Cíes e Ons, nestas datas de Semana Santa, as navieiras ofrecen transporte regular. Así, os participantes nas rutas deben comprar o seu billete do barco (pódese consultar as navieiras autorizadas no apartado de "visita as illas" da nosa web www.illasatlanticas.gal) e previamente comprobar a dispoñibilidade de cota de visitantes e sacar a súa autorización de visita das illas en https://autorizacionillasatlanticas.xunta.gal/
En Cortegada non hai transporte regular polo que é o propio Parque quen xestiona o barco, pero o prezo do billete terán que pagalo os participantes previamente á realización da ruta, seguindo as indicacións que lle ofreza o Parque.
Condicións:
- Os MENORES deben ir a cargo dun adulto que teña a súa reserva xa feita como titular. En caso de menores sen DNI poñer M nese apartado del formulario. Na actividade de “detectives da praia” (para menores de entre 5 a 12 anos) en cada reserva so se pode inscribir 2 persoas, o adulto de titular e o menor de acompañante.
-
A ruta guiada é de balde pero o transporte non. No caso de Cortegada o parque xestiona o transporte pero o billete teno que pagar previamente seguindo as indicación que lle diga o Parque. Nesta época as navieiras ofrecen viaxes regulares a Cíes e Ons, polo que o Parque non xestionará o seu transporte a estas illas. É necesario que o participante tramite a súa autorización da Xunta para visitar Ons comprobando así se hai dispoñibilidade de cota de visitantes (www.autorizacionillasatlanticas.xunta.gal) e así poder comprar o billete do barco antes que reservar a ruta. Pode consultar os contactos das navieras en: https://illasatlanticas.gal/gl/visita-o-parque/visita-ons
-
Cada persoa poderá participar NUNHA SOA DAS RUTAS ofertadas a través da central en cada illa.
-
O prazo para SOLICITAR e para ANULAR: en Cíes e Ons remata 24h antes do comezo da ruta. En Cortegada 4 días antes (por xestión do transporte)
-
LISTA DE AGARDA: so se poden apuntar na lista de agarda (na central de reservas) para Cortegada (para Cíes ou Ons non hai lista de agarda, teñen que estar pendente de se salta algunha praza na central de reservas ou ben apuntarse en persoa na caseta de información das illas, ata cubrir prazas).
-
Non anular en tempo ou non aparecer na ruta (salvo casos debidamente xustificados), será motivo dabondo para NON PODER PARTICIPAR noutras rutas organizadas polo Parque Nacional este ano. Para anular, entrar no apartado "Accede ás túas reservas" da web www.reservasparquesnacionales.es. Para calquera problema coa anulación enviar un correo a centrodevisitantes.iatlanticas [at] xunta.es (centrodevisitantes[dot]iatlanticas[at]xunta[dot]es) ou chamar ó 886218082 (de 10 a 14h e de 17 a 19:30).
-
A Dirección do Parque poderá CANCELAR a actividade ou modificar os seus horarios en función do número de inscricións, as condicións meteorolóxicas u outras causas de forza maior. No caso de anulación non se adiará para outra data.