Actividades de Nadal

Boas tardes:

estes días veñen cargadiños de cousas que facer, anímaste a participar?

  • Martes 26, de 12:00 a 13:30 Xogos de mesa dinamizados

Coa axuda do equipo de guías do parque nacional, os nenos e nenas participantes aprenderán, a través de diferentes xogos de mesa, unpouco máis sobre a biodiversidade que nos rodea. Un memory sobre aves, unha oca xigante, un dobble de animais e plantas , un tabú das Illas Atlánticas ou xogos elaborados por rapaces da súa idade son algunhas das propostas.
De 4 a 13 anos, ambos dous incluídos.
Nº máximo de participantes: 16. Sen inscrición previa.

  • Mércores 27, de 11:30 a 12:30 Xogo medioambiental: Detectives da praia

Xogando a detectives, os nenos e nenas coñecerán os tesouros que chegan ás nosas praias, unha actividade de descuberta da riqueza mariña das nosas costas.
De 6 a 13 anos, ambos dous incluídos.
Nº máximo de participantes: 20. Sen inscrición previa.

  • Xoves 28, de 18:00 a 19:00 Presentación do xogo de rol "Illas das marabillas"

O autor fará unha breve presentación do xogo, duns 15 minutos, dirixida ao público asistente, seguida dunha simulación da partida duns 15-20 minutos e rematará cunha rolda de preguntas e un coloquio coas persoas asistentes.
A partir de 12 anos. Nº máximo de participantes: 30. Sen inscrición previa.

E recorda que tamén podes apuntarte aquí aos obradoiros de:

  • Ilumina o teu espazo, o venres 29 de 17:30 a 18:30 . Manualidade científica  de electricidade, no que o obxecto protagonista será un faro. Idades: de 7 a 13 anos. Nº máximo de participantes: 20. Con inscrición previa.
  •  As cores das illas, sábado 30 de 11:30 a 13:30. Experimentar con obxectos de diferentes materiais, formas, texturas e cores, na que coñecerán as distintas cores que existen, as que vemos e por que e as relacionarán coas cores das paisaxes dasillas...e sobre todo, haberá unha parte de manualidade: mensaxes secretas! De 3 a 6 anos, ambos dous incluídos. Nº máximo de participantes: 25. Con inscrición previa.
  • Doces mariños xoves 4 en 2 sesións: de 11:00 a 12:00 e de 12:30 a 13:30
    Con este obradoiro xa tradicional, os/as participantes decorarán galletas para a noite de reis, con formas de especies mariñas, das que ademais descubrirán as súas particularidades: onde viven, de que se alimentan, curiosidades...unha forma divertida de achegar aos nenos e nenas á biodiversidade mariña das illas.
    Idades: de 5 a 12 anos, ambos dous incluídos. Nº máximo de participantes: 12 por sesión. Con inscrición previa.

Agardámoste no centro de Visitantes do Parque Nacional (rúa Palma 4).

Feliz 2024!