Uso público

Ons - Praia das Dornas

O uso público no Parque Nacional é unha das áreas de traballo que máis influe na conservación do espazo. Este uso público recolle un conxunto de actividades  que influen directamente no medio natural e cultural: visitantes xerais, barcos de recreo, visitantes para actividades recreativas e deportivas, investigadores, voluntarios, ... e para eles son as instalacións hosteleiras e de servizos existentes no parque. Neste senso o Parque debe ter en conta que todas estas actividades e infraestructuras deben coidar que os seus impactos sexan evitados na medida do posible e ou correxidos para un uso sostible e compatible co disfrute do lugar. Principalmente as actuacións para a compatibilidade do uso e conservación deste espacio natural céntranse en:

  • Control da afluencia de visitantes ás illas no caso de limitación de entrada de visitantes.
  • Control da afluencia de visitantes no uso dos servizos do parque.
  • Control e mantemento dos camiños para senderismo e puntos de interés visitables.
  • Xestión e control dos permisos ou autorizacións para a realización de actividades recreativas e deportivas.
  • Programas de educación e sensibilización para a conservación do Parque Nacional.
  • Control das instalacións e a súa actividade, análisis dos impactos e viabilidade.
  • Xestión das actividades propias do parque nacional para visitantes.