Especies invasoras

vison americano

A presenza de especies alóctonas que compiten, desprazan ou depredan sobre as autóctonas é un problema de conservación acentuado nos medios insulares. No Parque Nacional das Illas Atlánticas estase a actuar nesta fronte.

Existe un plan de control do visón americano e do gato doméstico, que ameazan principalmente ás aves mariñas, un dos valores máis importantes do Parque.

En canto á flora terrestre invasora, as principais especies nas que se investiu o máximo esforzo foron as  realizadas sobre a uña de gato, a acacia negra, o eucalipto, a cala, a margarita africana e a falsa árnica. Ademais, outras especies como o gramón, a vinca, a falsa acacia, a espinaca de Nueva Zelanda, a yuca  ou a herba mora tamén foron obxecto de control. Establecéronse protocolos de traballo totalmente distintos aos realizados ata o momento para o control da cala e da uña de gato, logrando uns resultados altamente satisfactorios e que permitían un aforro económico substancial.

No medio mariño actuouse sobre a alga invasora Sargassum muticum.

 

RECUPERACIÓN DE ECOSISTEMAS INSULARES AUTÓCTONOS NO PMTNIAG 

Coas obras que estamos acometendo, estamos a restaurar os ecosistemas insulares autóctonos presentes no Parque Nacional das Illas Atlánticas mediante a eliminación de plantacións de especies exóticas invasoras, as cales repercuten afectando negativamente ao estado de conservación dos hábitats e poboacións de especies silvestres, alterando a rica biodiversidade de flora e fauna e os hábitats/espazos onde estes se desenvolven.

As especies exóticas invasoras son consideradas o 2º factor que maior incidencia ten na perda de biodiversidade e na redución de fornecer servizos por parte dos ecosistemas naturais. Estas son especies introducidas que desprazan as especies autóctonas, as cales cumpren de forma equilibrada no espazo-tempo distintas funcións ecosistémicas como a retención de solo, a protección do réxime hídrico, a intervención na polinización, a formación xunto a outras especies dos ecosistemas naturais presentes nesta xeografía, e todo elo ademais, conforma a nosa paisaxe tal e como a entendemos.

O descontrol destas especies exóticas invasoras mostran o desequilibrio que causan nos ecosistemas propios ao romper co control natural de especies patóxenas, a afección doutras especie autóctonas e o seu desprazamento ou afogamento, ca perda de riqueza de especies de plantas vasculares, fungos, líques, invertebrados, anfibios, réptiles, aves e mamíferos,.. polo que a prevención e control das mesmas debe sustentarse como recoñece a Unión Europea.

O ecosistema terrestre insular do Parque Nacional, acompañado dunhas peculiares características ambientais determina un diferenciado cortexo florístico e faunístico que debemos protexer. Sen embargo a acción humana exercida sobre os sistemas insulares especialmente nos últimos 300 anos afectou negativamente os compoñentes da biodiversidade insular, ca notable acción perturbadora que supuxo a introdución directa ou indirecta de especies exóticas, que lograron establecerse e expandirse ca consecuente transformación nas distintas illas do planeta, e nas illas que conforman o Parque Nacional. 

En Galicia inda que carecendo de censos completos e definitivos de especies, estimase a presencia no medio mariño e terrestre de máis de 10.000 especies, das cales ao redor de 450 posúen status legal de protección derivada da normativa europea, estatal e autonómica. O número de especies protexidas no PNMTIAG é de 191 especies, que se corresponden con 12 plantas e algas, 16 invertebrados, 7 peces, 3 anfibios, 13 réptiles, 123 aves e 17 mamíferos.

Sen unha resposta conxunta da administración e a sociedade non será posible unha resposta racional e eficaz ante esta grave problemática ambiental.