Participa nas actividades do Parque

Cíes - Itinerarios guiados
Cíes - Itinerarios guiados

A valorización deste espazo protexido depende en gran medida de que a información que se divulga sobre el sexa veraz e pertinente. Por iso realízase un importante esforzo en xestionar esa información e presentala ao público a través de distintos formatos (talleres para nenos, proxeccións, charlas, formación de empresas con actividade no parque etc...) contando, na medida do posible, con persoal experto ou profesionais do ámbito. 

 Relación de actividades que realizamos: 

  • Visitas guiadas nas illas durante a Semana Santa 2022Estas visitas realízaranse dende o sábado 9 ata o domingo 17 de abril en Cíes e Ons. Son de balde. Son rutas de dificultade baixa e que se desenvolven en pequenos grupos, polo que as plazas son limitadas. Para anotarse hai dúas opcións:

  1. Presencialmente, o día da visita, anotándose na caseta de información de Cíes ou Ons. 

  2. Reservar plaza previamente nunha delas a través da central de reservas:                                                         www.reservasparquesnacionales.es

          As rutas nas que podemos reservar plaza na central son as seguintes:

  • Ons: unha illa de 2 caras Os días 10, 11, 13, 14, 17 ás 11:30h Ruta guiada que percorre a illa de Ons pola súa parte central pasando polas inmediacións do faro e recorrendo todas as súas paisaxes : barrios aínda habitados, praias, cantís… Lonxitude da ruta: 4km (1h 45min aprox) Ruta circular.
  • Ons: un pobo no mar Os días 12 y 15 ás 11:30 e o día 16 ás 16:45 Ruta que pasa por varios barrios da illa de Ons, ademais dos seus cantís para descubrir os costumes e cultura dos habitantes desta illa.
  • Cíes: illa de paisaxes, os días 9, 10 e 16 ás 16:30 e os días 11, 12,13 e 14 ás 12h. Ruta que nos deixa descubrir os segredos das distintas paisaxes de Cíes, rematando nalgún dos miradoiros da illa (Alto do Príncipe ou Pedra da Campá, segundo condicións metodolóxicas ou de organización ). Lonxitude da ruta (solo ida): 2,5Km ao miradoiro de A Campá (1h 45min aprox), ou 1,7 ao do Príncipe (1h15min aprox).
  • Cíes: unha viaxe no tempo os días 15 e 17 ás 12h. Visita guiada en Cíes onde percorrerase a historia dos poboadores das illas dende a actualidade ata a prehistoria, a través dun itinerario que transcorre dende o porto ata as inmediacións do faro da Porta. Lonxitude da ruta: 2,1Km, (lineal, só ida).
  • Visitas guiadas nas illas durante os meses de verán. Son gratuítas. Calquera persoa que visite as Cíes ou Ons no verán pode achegarse ás casetas de información de Cíes ou de Ons. Alí pódese informar da oferta de rutas e tamén apuntarse. A súa realización supedítase ás condicións meteorolóxicas e organizativas.
  • Rutas  "Descubrindo o Parque Nacional". Este programa quere facilitar a visita ás illas fora da tempada de alta e dun xeito ordenado e sostible, da man dos guías propios do Parque Nacional. Estas rutas fanse con grupos reducidos coa fin de poder ofrecer a máxima calidade de visita a este espazo protexido. 

  • Actividades para grupos organizados. O equipo de uso público do parque nacional, formado por 6 guías intérpretes, ofrece a posibilidade de concertar o servizo de guías para actividades relacionadas co parque, ben sexa a realización dunha visita guiada, a realización de charlas, participación en eventos divulgativos etc., e que sexan solicitadas por entidades sen ánimo de lucro. A solicitude deste servizo realízase mediante formulario e fóra da tempada de atención en illas (Semana Santa e do 15 de maio ao 15 de setembro). 
  • Charlas e obradoiros de carácter divulgativo,  no Centro de Visitantes do Parque en Vigo ou nas illas. 
  • Actividades recreativas nas illas: durante a tempada alta diversas empresas solicitan autorización do Parque para realizar actividades de turismo activo en Cíes e Ons. Estas actividades son o snorkel, bautizos de submarinismo e kayak. É recomendable informarse antes de realizar a visita ou nas casetas de Información en Cíes e Ons.